Recordo para a familia en Galicia, La Guayra, ca. 1956 | Imaxe. Retrato. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Fotografía

Recordo para a familia en Galicia, La Guayra, ca. 1956

O coche continuaba a ser un símbolo de boa posición social e as e os emigrantes retratábanse co seu automóbil para amosarlles aos seus seres queridos que a vida lles ía ben. As mulleres venezolanas, e polo tanto tamén as emigrantes, tiñan libre acceso ao mundo laboral e non estaban tan supeditadas ao fogar como as mulleres galegas e españolas durante o franquismo. Moitas delas ocupábanse da súa familia pero tamén se formaban e tiñan traballos en oficinas, tendas, fábricas etc.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Fotografía
Localizacións
: Venezuela
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Ruth Carballo Corral