Carta de Seoane a Fole. 1973 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Fole. 1973

Ánxel Fole (Destinatario/a) · Jesús Bal y Gay (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
13/06/1973
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF

A Cruña, 13 de Xunio de 1973

Sr. D. Anxel Fole
Lugo

Meu querido amigo:

Remítoche esta carta para J. S. que debe ser unha persoa moi moza e que fixo unha nota o dia 10 de este mes no voso periódico. Dalla si ti crées que val a pena. Eu penso que sí porque estoy (sic) farto de que as xentes pubriquen todo o que lle pasa pola testa e non créan que están obrigados a informarse sobre quén é quén. Tamén de que o centralismo chegue a infruenciar de tal xeito ós mozos galegos e podan pensar que Madride ten hoxe capacidade de consagración no mundo.
Deica o 18 que iremos ó estreno de Bal.
Unha grande aperta de:
Tipo de material
epístola
Data
13/06/1973
Medidas
Publicacións
Localizacións
orixe: A Coruña
destino: Lugo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada]
Localización física
Fundación Luis Seoane