Reunión dos participantes do Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires, 1956 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O exilio galego

Reunión dos participantes do Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires, 1956

Image 1
Detalle
Aproveitando a celebración do primeiro centenario do Banquete de Conxo, o Consello de Galiza aprobou organizar un gran congreso da emigración galega. Convocaron aos máis destacados persoeiros galegos en América como representantes das colectividades a unhas xornadas que tiveron lugar en Arxentina. Este congreso tivo unha ampla repercusión e aprobáronse numerosas mocións editadas nunhas actas que se poden consultar no noso web.
Na fotografía podemos ver (de esquerda a dereita) a: Alberto Vilanova, Gerardo Álvarez Gallego, Vicente Gómez Paratcha, Alfonso Díaz Trigo, Xavier Bóveda, Rafael Dieste e Laxeiro. De pé: Francisco Comesaña, Ramón de Valenzuela, Lois Tobío, Eduardo Blanco-Amor, Xosé Velo, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Luís Seoane, Marcial Fernández, José Núñez Búa, Emilio González López, María del Carmen Soler, Mariví Villaverde e Antonio Baltar.
Metadatos
  • Data: 00/07/1956
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Localizacións:
    orixe: Bos Aires, Arxentina;