Florencio Delgado Gurriarán con Ramón Cabanillas Álvarez en México, ca. 1942 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Florencio Delgado Gurriarán con Ramón Cabanillas Álvarez en México, ca. 1942

Ramón Cabanillas Álvarez (Fotografado/a) · Florencio Delgado Gurriarán (Fotografado/a)
Florencio e Ramón eran amigos en Galicia, ambos os dous afiliados ao Partido Galeguista e exiliados no país azteca en 1939. Aquí aparecen, posando de maneira divertida, nun día de lecer.
O poeta colaborou no seu exilio con varias organizacións como a Alianza Nacional Galega, o Ateneo de Galicia en México ou O Fogar Galego; ademais, dirixiu a revista Saudade. En 1944 participou como mandatario do Partido Galeguista no pacto Galeuzca, formando parte do Consello de Galiza en México. Tras a fundación do Padroado da Cultura Galega en México, que impulsou a creación da revista Vieiros, participou na súa dirección xunto con Carlos Velo e Luís Soto. En 1963 publicou Galicia infinda e en 1981 Cantaneras. Cinco anos máis tarde saíu editado en México o seu derradeiro libro, titulado O soño dun guieiro.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Localizacións
orixe: México D. F., México
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Fotografía procedente da publicación: Ricardo Gurriarán (1999): Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, Sada, Ediciós do Castro