Emblema da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1921 | Imaxe. Escudo | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Escudo

Emblema da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1921

Tal como indica o nome elixido para a nova entidade, tivo dende os inicios a finalidade expresa de loitar pola emancipación económica, cultural, política e social dos galegos, principalmente dos que vivían do campo. Esta organización defendía o ideario republicano e de esquerdas e o agrarismo rexional. Pronto aparecen disensións entre dous sectores: os que se declaran galeguistas, que priman os intereses de Galicia na súa loita, e o sector socialista, para os que a defensa da república, do obreiro e dos ideais de esquerdas son prioritarios.
Tipo de material
Imaxe. Escudo
Entidades
Emisión: Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega