O número 1 de <i>El Despertar Gallego</i>, primeiro voceiro federal, 1922 | Documento. Páxina de prensa | Consello da Cultura Galega
Documento. Páxina de prensa

O número 1 de El Despertar Gallego, primeiro voceiro federal, 1922

Antón Alonso Ríos (Mencionado/a)
01/01/1922
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
A necesidade de crear un órgano de expresión propio foi unha das prioridades da Federación acabada de fundar e estaba recollida nos seus estatutos. Este xornal informaba mensualmente sobre o funcionamento da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.) e das actividades das sociedades federadas. O seu primeiro director foi o galeguista Antón Alonso Ríos. Neste primeiro número aparecen reproducidos os estatutos e a declaración de principios aprobados no congreso constituínte.
A publicación, igual que a propia federación, evolucionou dende unha perspectiva socialista a ter unha orientación máis galeguista, moi mediatizada polo comité de redacción, o que provocou numerosas controversias no seo da FSG. En 1930 deixou de publicarse e o Galicia convértese no voceiro social.
Tipo de material
Documento. Páxina de prensa
Data
01/01/1922
Publicacións
Entidades
Edición: Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega