Material
Historias de ida e volta
No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
Comisión feminina da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, 1935
Detalle
A presenza das mulleres no asociacionismo emigrante foi secundaria. Como membros das comisións femininas ou comités de damas participaban nos diversos actos societarios e na recollida de fondos. Recibían con flores aos persoeiros que visitaban a entidade; nos banquetes, festas e bailes eran as encargadas de organizar e servir o xantar, da decoración ou da limpeza final. Destacaron nos actos culturais como membros dos coros e grupos de danza, nos actos teatrais ou nos recitais poéticos.Aínda que a FSG non tivo unha política de exclusión da muller na toma de decisións, o feito de que non fosen elixidas nas súas propias asociacións como delegadas impedía que puidesen acceder aos organismos federais. A primeira muller delegada na executiva federal foi Isolina del Campo, pola sociedade de Ponte Caldelas en 1951. Outra muller que salientou foi Elsa Castro, da sociedade de Boiro, quen na década dos 60 formou parte da executiva federal.


