Grupo de socios e directivos da Sociedad de Nogueira de Ramuín nun acto de apoio á República española, 1938 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Grupo de socios e directivos da Sociedad de Nogueira de Ramuín nun acto de apoio á República española, 1938

00/00/1938
En moitas das sociedades federadas funcionaban comisións internas de solidariedade que eran coordinadas pola Central Gallega da FSG. Unha vez rematada a guerra, a Federación desempeñou un importante papel na axuda aos refuxiados e a súa repatriación. Neste período a axuda foi enviada aos campos de concentración en Francia; ao tempo que se denunciaba a súa situación, continuaron apoiando aos exiliados que chegaban a Arxentina, facilitándolles permisos de residencia e axudándoos na solución dos problemas burocráticos que se presentaban, así como na obtención de traballo, axudas médicas e sanitarias ou axudas económicas puntuais.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1938
Entidades
Mención: Sociedad Cultural Nogueira de Ramuín (unificada con Carballeira)
Propiedade: Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega