Camións con mercadorías para axudar á España republicana, 1938 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina

Camións con mercadorías para axudar á España republicana, 1938

Image 1
Detalle
Durante a Guerra Civil, a FSG desempeñou un importante papel de apoio ao bando republicano. Tras coñecerse o golpe militar, foi das primeiras entidades da colectividade en mandar axuda monetaria e sanitaria a través da Cruz Vermella. En outubro de 1936 organizou o Comité de Ayuda al Gobierno Español del Frente Popular, que pouco despois pasou a chamarse Central Gallega. Os socios das distintas entidades federadas organizaban numerosas actividades para recadar fondos e enviar alimentos e medicamentos ao bando republicano.
Metadatos
  • Data: 00/00/1938
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega
  • Entidades:
    Propiedade:Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
  • Localizacións:
    orixe: Bos Aires (local);