Conmemoración do aniversario da República nun acto multitudinario organizado pola Federación no Teatro Avenida, 1941 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Conmemoración do aniversario da República nun acto multitudinario organizado pola Federación no Teatro Avenida, 1941

Maruja Villanueva (Mencionado/a) · “Tacholas” (Mencionado/a)
00/00/1941
A FSG celebraba numerosas actividades en que participaban activamente os socios, ben para escoitar mitins de políticos ou persoeiros afíns e como unha maneira de difundir o seu ideario, ben para recadar fondos cos que financiar as súas numerosas actividades a prol dos refuxiados. Cada ano organizaban festivais para conmemorar datas significativas, como o Día de Galicia ou o aniversario da República, e tamén comidas de camaradaría, romarías e festas campestres, bailes familiares etc., reunións coas que afianzaban a unión dos socios. Nestes actos, difundidos no voceiro social, actuaban artistas da colectividade como Maruxa Villanueva, José Vales ou o actor Fernando Iglesias "Tacholas", grupos societarios de coros e danzas, gaiteiros etc.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1941
Entidades
Propiedade: Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega