Banquete de camaradaría da Federación de Sociedades Galegas, 1943 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Banquete de camaradaría da Federación de Sociedades Galegas, 1943

Antón Alonso Pérez (Fotografado/a) · Xerardo M. Díaz (Fotografado/a) · Manuel Cao Turnes (Mencionado/a)
00/00/1943
Na mesa do fondo podemos ver, presidindo o acto, a Xerardo M. Díaz, secretario xeral da FSG, e a Antón Alonso Pérez, director da S.A. Alborada; á súa beira, Francisco Pérez Leiro, deputado nacional arxentino. Alonso Pérez foi outra das figuras destacadas no seo da FSG. Socio e presidente da sociedade de Nogueira de Ramuín, ingresou en 1932 na Federación pola lista do líder nacionalista Manuel Cao Turnes. Declarado socialista e galeguista, participou en diversas executivas co cargo de tesoureiro e foi secretario xeral nos anos 1955-1956, 1958-1959. Foi un dos principais xestores da compra da sede social en Chacabuco e participou nos anos 40 e 50 como orador en numerosos actos e homenaxes.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1943
Entidades
Propiedade: Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Localizacións
: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega