Carta do secretario xeral da Federación ás sociedades federadas, 1950 | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Carta do secretario xeral da Federación ás sociedades federadas, 1950

Xerardo M. Díaz (autoría)
00/00/1950
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Xerardo M. Díaz escribe as entidades que forman parte da Federación para que intenten atraer cara ás súas filas os numerosos emigrantes que na década dos 40-50 estaban vindo ao país. Segundo a súa premisa, ao chegar debían asociarse á Federación para deixar de lado os postulados franquistas e adoptar o ideario republicano e democrático que se defendía. Durante o franquismo a FSG continuou realizando actividades de apoio ás políticas antifranquistas e á loita guerrilleira, denunciando con campañas na prensa a situación dos presos políticos e a represión da ditadura.
Nesta carta co emblema da Federación aparece na marxe esquerda a relación de todas as sociedades federadas neses anos.
Tipo de material
Documento. Epístola
Data
00/00/1950
Entidades
Creación: Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega