Xantar no salón de actos da Federación, 1967 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Xantar no salón de actos da Federación, 1967

Andrés Beade Dopico (Fotografado/a) · Arturo Cuadrado (Fotografado/a)
00/00/1967
Na imaxe podemos ver a Arturo Cuadrado, Antonio Quintas e, de pé, Andrés Beade Dopico dirixíndose aos asistentes. Andrés Beade, fillo do último alcalde republicano da vila de Betanzos, emigrou a Arxentina a finais dos 50 por motivos económicos pero tamén pola represión que se vivía en Galicia contra as familias consideradas desafectas ao réxime. Afiliado e dirixente do Centro Betanzos, entrou na FSG nos 60 e foi redactor do Galicia dende 1964. En 1966 foi elixido secretario xeral, cargo que volveu ocupar en 1981; entrementres participou activamente ocupando diversos cargos na directiva federal ata 1983, ano en que retornou a Galicia.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1967
Entidades
Mención: Centro Betanzos. Bos Aires
Propiedade: Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Localizacións
orixe: Bos Aires (local)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega