Carta de Fole a Seoane. 1973 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Fole a Seoane. 1973

Luís Seoane (Destinatario/a) · Domingo García-Sabell (Mencionado/a) · Xenaro Mariñas (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Ánxel Fole (Remitente)
12/11/1973
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF






Lugo, doce do mes de Difuntos do ano setenta e tres.

Señor don Luis Seoane. A Cruña.

Meu querido amigo:

Acabo de visitar, por segunda vez, a túa Eisposición de grabados da librería Alonso. Xa tes oito vendidos, catro grandes i-autros tantos pequenos. Alí me dixo a irmá de José María que cecáis viñeses eiquí un día d-istes. Un dos teus grabados foi adequerido pró Museo. Aló está xa.
Supoño que xa haberás chegado ás túas mans o número do domingo do Progreso, ca ampra noticia ilustrada sobor de ti e máis da túa obra.
A túa eisposición é moi visitada, especialmente por rapazas e rapaces estudantes. O autro día estiven na Cruña, na ceremonia académica do recibimento de Marino. O aito resultóu moi ben. Canseime de saudar a moitos amigos de toda Galicia. De volta, ceamos en Betanzos, sin agardar pol-o banquete da Academia. Por iso non poiden dispoñer de tempo pra me achegar á túa casa, como levaba pensado de intento.
Cas miñas agarimosas lembranzas pra Maruxa, unha forte aperta.
Anxel
Estiven en Santiago e faléi con Domingo. Cecáis dispoña de unhas horas pra se achegar a Lugo e visitar a Eisposición.

Anxel Fole
Tipo de material
epístola
Data
12/11/1973
Medidas
Publicacións
Entidades
Mención: Real Academia Galega
Mención: Museo Provincial de Lugo
Mención: Libraría Alonso
Localizacións
orixe: Lugo
destino: A Coruña
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa]
Localización física
Fundación Luis Seoane