Material
Historias de ida e volta
A emigración galega a Europa
Excursión de emigrantes galegos en Lisboa, 1914
Detalle
A presenza de emigrantes galegos, sobre todo pontevedreses e ourensáns, en terras portuguesas foi unha constante ao longo do tempo. Compartir fronteira facilitaba o intercambio de traballadores en ambas as dúas "raias" e, como non, a súa integración.A comezos de 1900 Ramiro Vidal Carrera (sinalado cun X) emigra a Lisboa con 13 anos. Antes xa o fixeran seu pai e tíos e despois os seus irmáns, seguindo a pegada de moitos dos seus veciños. Alí comeza a traballar en varios comercios como aprendiz e mozo para todo. Pouco a pouco vai progresando e chega a ser propietario de varios comercios e negocios hostaleiros. En 1908 foi un dos promotores da fundación da sociedade Juventud de Galicia de Lisboa, unha das máis antigas asociacións de emigrantes galegos de Europa.


