<em>Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania</em>, 1963 / Documento/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega a Europa

Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania, 1963

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Detalle
Este folleto foi publicado polo Instituto Federal de Colocación y Paro de Nüremberg en colaboración co Instituto Español de Emigración. Cando asinaba o contrato de traballo, a persoa emigrante recibía un exemplar para ter información sobre as cuestións laborais que podían atopar (condicións de traballo, contratos, dereitos e deberes, sindicatos) pero tamén sobre o reagrupamento familiar, as condicións de vida no país, como facer xiros bancarios a España ou como gozar do tempo de lecer.
Na segunda metade do século XX Alemaña potenciaba a chegada de emigrantes que ocupasen temporalmente os numerosos postos laborais vacantes, xeralmente os máis pesados e menos cualificados. Eran os "gastarbeiter" ou "traballadores invitados" procedentes do sur de Europa.
Metadatos
  • Data: 00/00/1963
  • Tipo de material: Documento
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Isidoro Buceta Gómez
  • Localizacións:
    orixe: Alemaña;