Zapateiro galego en Paderborn, cidade de Renania do Norte-Westfalia, ca. 1969 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega a Europa

Zapateiro galego en Paderborn, cidade de Renania do Norte-Westfalia, ca. 1969

Image 1
Detalle
O ourensán Severino Gil emigrou a Alemaña en 1969, con 20 anos acabados de cumprir. Alí traballou no seu oficio de zapateiro, pero axiña conseguiu un contrato na industria metalúrxica Hella en Hannóver, onde estivo varios anos "cortando chapa". No ano 1978 retornou á súa localidade pero volveu emigrar coa súa muller, esta vez a Suíza.
Alemaña promoveu sempre a temporalidade dos seus emigrantes cunha política de atracción de emigrantes varóns, mozos e sen cargas familiares que poñía moitas trabas á reagrupación familiar ou á concesión da nacionalidade.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Severino Gil Crespo
  • Localizacións:
    orixe: Paderborn, Renania do Norte-Westfalia, Alemaña;