Grupo de emigrantes galegos na construción en Alemaña, anos 60 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega a Europa

Grupo de emigrantes galegos na construción en Alemaña, anos 60

Image 1
Detalle
O sector da construción alemán precisaba abundante man de obra, pouco cualificada. A maioría destes traballos eran ocupados por emigrantes galegos, como este grupo de arzuáns que posa na foto diante da urbanización que estaban a construír na cidade de Niedereschach, en Baden-Württemberg, unha das zonas con máis presenza de galegos e galegas.
Moitos destes traballadores viñan contratados a través da Oficina Federal de Colocación e do IEE. Era a chamada "emigración asistida", que estaba regulada por ambos os gobernos. Pero moitos, calcúlase que un de cada tres emigrantes, decidiron marchar pola súa conta, procurando transporte, traballo e aloxamento polos seus propios medios, grazas a maioría das veces aos contactos establecidos previamente por familiares ou coñecidos. Esta emigración "irregular" e que non aparece nas estatísticas oficiais foi intensa na década dos anos 60.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Armando Cascón
  • Localizacións:
    orixe: Niedereschach, Baden-Württemberg, Alemaña;