Emigrantes galegas nunha fábrica en Alemaña, anos 70 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega a Europa

Emigrantes galegas nunha fábrica en Alemaña, anos 70

Image 1
Detalle
Carmen Martínez Rey, natural de Mazaricos, marchou moi nova a Alemaña e comezou a traballar xunto con outras amigas da mesma zona nunha fábrica metalúrxica, onde facían pezas para outras industrias.
En Alemaña as mulleres emigrantes non só traballaron no servizo doméstico e na hostalaría, senón que accederon a postos na industria téxtil e da confección, na industria alimentaria, na eléctrica –manipulación e montaxe de aparatos–, na óptica e na mecánica. Tratábase de tarefas realizadas a miúdo por quendas, arreo e en cadea de montaxe, con salarios situados nos niveis máis baixos da escala salarial, e que os empresarios alemáns trataban de cubrir con mulleres inmigrantes, novas, solteiras e sen fillos.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Carmen Martínez Rey
  • Localizacións:
    orixe: Alemaña;