Manuel Bemposta con dous amigos galegos no seu tempo de lecer, 1972 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega a Europa

Manuel Bemposta con dous amigos galegos no seu tempo de lecer, 1972

Image 1
Detalle
A situación dos traballadores emigrantes en Alemaña non era tan idílica como ás veces queren mostrar nas fotografías que enviaban ás súas familias. Nesta imaxe vemos a Manuel cun compañeiro da fábrica de automóbiles onde traballaba e un amigo tamén emigrante en Alemaña que estaba de visita. Posan felices nunha cervexaría de Sttugart, cidade onde vivían.
Manuel emigrou en 1972, con 22 anos. Traballou durante dous anos e pico como mecánico na fábrica Auto Thomann KG e tiña varios compañeiros galegos, cos que saía gozar dos días libres. O obxectivo prioritario da maioría dos e das emigrantes era traballar uns anos para aforrar todo o posible e retornar á súa terra para montar un pequeno negocio; coa experiencia e credenciais logradas, tamén podían atopar un traballo máis cualificado e mellor pagado en Galicia.
Metadatos
  • Data: 00/00/1972
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Manuel Bemposta Porto
  • Localizacións:
    orixe: Sttugart, Alemaña;