Reunión festiva de galegos en Anveres, ca. 1963 / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
A emigración galega a Europa

Reunión festiva de galegos en Anveres, ca. 1963

Image 1
Detalle
Nesta imaxe vemos a Juan gozando dunhas horas de descanso xunto con varios amigos, emigrantes coma el. Nos anos 60 e 70 a maioría dos españois que chegaban a Bélxica eran galegos e asturianos. Traballaban na construción, na industria do automóbil, do vidro, metalúrxica e na hostalaría. As mulleres emigrantes atoparon ocupación na industria química e farmacéutica e no sector sanitario. As e os galegos eran ben aceptados na sociedade belga, que os consideraba bos traballadores e pouco conflitivos. Unha característica salientable deste país é que as súas leis facilitaban o reagrupamento familiar debido ao problema demográfico que padecían; así, os gobernos tiñan políticas para favorecer a instalación estable dos emigrantes e das súas familias.
Metadatos
  • Tipo de material: Imaxe. Fotografía
  • Etiquetas:
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Juan Antonio Pérez Argibay
  • Localizacións:
    orixe: Amberes, Bélxica;