Carta de Ledo a Seoane. 1963 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Ledo a Seoane. 1963

Luís Seoane (Destinatario/a) · Mimi Alonso da Cuña (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Marcial Suárez (Mencionado/a) · José Suárez (Mencionado/a) · Xohán Ledo (Remitente)
00/00/1963
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
EDITORIAL GALAXIA S.A./Reconquista, 1-Teléfono 18204/VIGO

ca. 1963

Querido Luis:

Escríbote á casa do Marcial Suárez porque non teño a tua direición en Madrid e dime Xosé Suárez que atopas a cotio ó seu irman.
Quixera que, se podes, mandes a volta de correo unha nota cos libros ilustrados con grabados e as esposiciós de grabados (cas datas) pra poñer coma cabo do meu escrito. Se tamén tes a man fotografias dos grabados da esposición da Cruña e queres envialas, mirarei de usar delas, pois que o tempo empurra polo aquel da censura que fána en Madrid. Eu xa fixen un testo e poño unhas ilustraciós tiradas dos libros que teño, todo vai xa na imprenta prás probas que pasarán na censura, pro coido que poderei facer algunha alteración.
Lembranzas pra Maruxa de Mimi e mais miñas.
Unha forte aperta.

Ricardo
Tipo de material
epístola
Data
00/00/1963
Medidas
Entidades
Mención: Editorial Galaxia
Localizacións
orixe: Nova York
orixe: Reconquista, 1
destino: Madrid
Etiquetas
Ficha descritiva
[Carta manuscrita e membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane