Os 20 do XX. Unha ollada a Galicia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Os 20 do XX. Unha ollada a Galicia

Antón Varela (autoría)
Descrición Vídeo divulgativo (8´ 48´´), dirixido por Antón Varela e locutado por Lucía Aldao. Trátase do primeiro capítulo da serie "Os 20 do XX", que che permitirá achegarte á realidade social, cultura e política de Galicia durante os anos 20 do século pasado. Nesta primeira achega ofrécese unha visión panorámica da poboación, a economía e a política desa década, marcada pola emigración, o movemento agrarista, a ditadura de Primo de Rivera, o crecente desenvolvemento das cidades e a escasa presenza das mulleres na vida pública.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Entidades
Creación: Praza Pública
Creación: Vinte
Etiquetas