Como construír un asubío | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Como construír un asubío

Descrición

Vídeo didáctico (2´ 29´´) no que aprenderás a construír un asubío de abelá, un instrumento aerófono empregado tradicionalmente en Galicia polos nenos e nenas como xoguete. O son prodúcese ao soprar sobre unha abelá á que previamente se lle fixo un burato nun dos seus extremos e se lle baleirou o froito.

Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.


Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Etiquetas