Material
Proxector
Proporción real de infectados. Contraste de hipóteses
Descrición
Vídeo didáctico (6´ 29´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, no que se analiza un dato facilitado pola universidade Imperial College de Londres sobre o número real de infectados en España en marzo de 2020, que en termos de probabilidade se consideraba que podía ser o 15% da poboación. Nesta vídeo-lección aprenderás a analizar a fiabilidade deste resultado baseándote na distribución dos estatísticos mostrais.
O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.


