Modelo preditivo. Función de Gompertz | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Modelo preditivo. Función de Gompertz

Descrición

Vídeo didáctico (6´ 05´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, sobre a función de Gompertz, un caso particular da función loxística (unha función matemática que se emprega na modelación de determinados procesos de tipo socioeconómico ou biolóxico). Neste caso, descubrirás como pode aplicarse a función de Gompertz aos falecementos acumulados causados por unha epidemia.

O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.


Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Etiquetas