Inferencia estatística II. Intervalos de confianza | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Inferencia estatística II. Intervalos de confianza

Descrición

Vídeo didáctico (17´ 05´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, sobre a inferencia estatística, que é o conxunto de métodos e técnicas que permiten inducir, a partir da información empírica proporcionada por unha mostra, cal é o comportamento dunha determinada poboación cun risco de erro medible en termos de probabilidade. Nesta segunda parte (continuación dun vídeo anterior), aprenderás a construír intervalos de confianza para a media, nun contexto no que se descoñece a media dunha variable estatística concreta. Así mesmo, a través da resolución de exercicios poderás entender a aplicación práctica destes contidos teóricos.

Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Etiquetas