Unha viaxe sen retorno: <em>Pontiac Bonneville 1959</em>, Cidade de Panamá, ca. 1960 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Unha viaxe sen retorno: Pontiac Bonneville 1959, Cidade de Panamá, ca. 1960

Pontiac foi unha marca de coches producida por General Motors e das máis vendidas nos Estados Unidos, Canadá e México dende 1926. Na imaxe vemos os tres irmáns Barreiro (Francisco, Manolo e Amador), a carón e enriba dun coche do modelo Bonneville, do que eran copropietarios Manolo e Amador. En 1963 deciden realizar unha viaxe a Galicia que duraría seis meses, pero non foron sós, pois o seu automóbil de moda cruzaría o Atlántico con eles. Durante os meses de vacacións percorreron as incontables festas de verán por toda a xeografía galega, rodaron e rodaron causando sensación ao seu paso. Finalmente, ese peculiar e rechamante acompañante quedou en terra, coas súas anécdotas gardadas nun alpendre de Forcarei.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Localizacións
orixe: Cidade de Panamá, Panamá
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Juan Carlos Barreiro