Tres fillos, tres amores. Un día da nai especial. Changuinola, provincia de Bocas del Toro, Panamá, 8 de decembro de 1981 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Tres fillos, tres amores. Un día da nai especial. Changuinola, provincia de Bocas del Toro, Panamá, 8 de decembro de 1981

08/12/1981
Jacqueline, Francisco e Isabel son tres irmáns nacidos en Panamá e fillos do matrimonio galego formado por María Elena Benedetto Banga e Jaime Sieiro Sieiro. Imos contar aquí un pouco sobre o pioneiro desta aventura migratoria. Jaime marcha primeiro cara a Alemaña (Colonia) e logo dun tempo decide cambiar de rumbo. En 1968 diríxese cara a América, con destino a Panamá. Arredor desta data, a maioría de galegos e galegas collían rumbo a países europeos, pero Jaime fixo o xiro contrario. Foi un dos fundadores do Centro Español de Changuinola, unha pequena poboación da provincia de Bocas del Toro, situada a escasos quilómetros da fronteira con Costa Rica. Alí rexentou a “Mueblería y Joyería Santa Fe”. Os seus clientes eran, sobre todo, traballadores da compañía Chiquita da United Fruit Company.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
08/12/1981
Localizacións
orixe: Changuinola, Bocas del Toro, Panamá
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Francisco Sieiro Benedetto