Desfile da Escola Finca 42, a simbiose perfecta, Changuinola, ca. 1985 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Desfile da Escola Finca 42, a simbiose perfecta, Changuinola, ca. 1985

Jacqueline Sieiro Benedetto, filla de Maria Elena e Jaime, foi unha alumna destacada da Escola Finca 42. Na imaxe pódese apreciar a Jacqueline xunto a outros compañeiros no desfile da escola celebrando os “Días Patrios”, que teñen lugar no mes de novembro, coa bandeira panameña e engalanada cunha cinta sobre o seu uniforme escolar. O feito de levar a bandeira era un privilexio reservado para os mellores alumnos de cada promoción.
O mimetismo cultural era tal que, aínda estando lonxe da terra, os emigrantes se esforzaban por realizar actividades para conmemorar datas significativas para eles como colectividade étnica. Así, cada ano os irmáns Sieiro Benedetto vestíanse tamén cos seus traxes de galegos para celebrar o 25 de Xullo no Centro Español de Changuinola, a festa máis grande para os emigrantes e onde se xuntaban entre 20 e 30 rapaces.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Localizacións
orixe: Changuinola, Bocas del Toro, Panamá
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Francisco Sieiro Benedetto