Ficha da Comisión Católica Española de Migración dunha emigrante galega para poder emigrar a Perú, 1967 | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

Ficha da Comisión Católica Española de Migración dunha emigrante galega para poder emigrar a Perú, 1967

00/00/1967
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Mª Angélica, casada por poderes, emigrou a Perú reclamada polo seu marido, quen fixo todas as xestións burocráticas a través da Comisión Católica Española de Migración (CCEM). Esta organización contaba con delegacións nos países de acollida e axudaba a tramitar a documentación para poder entrar legalmente no país de destino. O emigrante podía marchar con carta de chamada e contrato laboral ou por reagrupamento familiar, unha figura legal moi empregada na segunda metade do século XX e que explica a grande afluencia de mulleres, nenos e persoas de maior idade nas migracións destes anos.
Tipo de material
Documento
Data
00/00/1967
Localizacións
orixe: A Coruña
destino: Perú
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Saturnino García Lagoa