Paisaxe litoral IV. Cantís, plataformas e coídos | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Paisaxe litoral IV. Cantís, plataformas e coídos

Alberto Fortes Novoa (autoría) · Fernanda Molto Roibal (autoría) · Rocío Romar Roel (autoría) · Xacobo de Toro (autoría)
Descrición

Vídeo didáctico (6´ 42´´) dirixido a alumnado de ensino secundario, que che axudará a entender como lle afecta a ondada aos sistemas costeiros. A forza da ondada crea diferentes formas litorais, coma por exemplo os cantís, as plataformas litorais e os coídos. Descubre as principais características destas formas e observa as imaxes aéreas obtidas con dron en diferentes zonas da Rede Natura 2000.
O vídeo foi elaborado polos membros do proxecto XeoClip 2019, integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.


Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube