Prosa galega 1936-1976 / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector

Prosa galega 1936-1976

Descrición

Vídeo didáctico (8´ 59´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que nos ofrece un resumo dun dos temas incluídos no temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio didáctico ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). O tema tratado é a prosa galega do período que vai de 1936 a 1976, centrándose concretamente nestes catro autores: Álvaro Cunqueiro e o seu realismo máxico; Eduardo Blanco Amor e o seu realismo social; Ánxel Fole e o seu realismo popular; e Xosé Neira Vilas e o seu realismo rural.

Metadatos