Material
Proxector
Literatura galega no exilio 1936-1976
Descrición
Vídeo didáctico (8´ 46´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a literatura galega no exilio durante o período 1936 - 1976. Nel ofrécese un resumo sobre o contexto socio-político da época, así como sobre as principais características das obras literarias (poesía, narrativa e teatro) escritas polos escritores galegos no exilio. Entre estes autores, faise especial mención a Luís Seoane e Lorenzo Varela (no ámbito da poesía); Ramón de Valenzuela e Silvio Santiago (na narrativa); e Manuel Daniel Varela Buxán e Eduardo Blanco Amor (no eido teatral).
Esta peza forma parte dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).


