Os animais domésticos como sentinelas do medio ambiente | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Os animais domésticos como sentinelas do medio ambiente

Marta López Alonso (autoría)
Descrición

Vídeo (12´ 43´´) de divulgación científica no que Marta López Alonso, docente na Facultade de Veterinaria da USC, nos explica como os animais poden ser excelentes marcadores ou sentinelas do medio ambiente, alertándonos de forma temperá de que estamos ante un perigo. Na súa charla explícanos cales son os criterios para escoller as especies axeitadas para facer ese rol de sentinelas, centrándose no papel das mascotas e dos animais domésticos como detectores do cancro medioambiental, é dicir, aquel no que a causa está estreitamente relacionada co medio ambiente.
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas