Abrindo camiño na procura da consciencia animal | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Abrindo camiño na procura da consciencia animal

Descrición

Vídeo (18´ 34´´) de divulgación científica no que Pablo Sánchez Quinteiro nos fala dunha liña de investigación que se está a comezar na Facultade de Veterinaria da USC: o estudo da consciencia animal desde un punto de vista anatómico. A consciencia é a capacidade de recoñecer a realidade circundante e de relacionarse con ela, pero tamén a capacidade de recoñecernos nós mesmo de forma inmediata e espontánea, cos nosos actos e reflexións. O profesor Sánchez Quinteiro defende que unicamente a través da neuroanatomía se pode chegar a saber se un animal ten consciencia. En concreto, a presenza dunha estrutura nerviosa chamada Claustrum é actualmente a principal hipótese que se manexa para considerar a existencia de consciencia animal.
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela