Epi… que? Descubrindo o noso pasado romano a través da epigrafía | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Epi… que? Descubrindo o noso pasado romano a través da epigrafía

Dolores Dopico (autoría)
Descrición

Vídeo (25´ 07´´) de divulgación científica sobre a epigrafía, ciencia que estuda as inscricións. Nesta charla a historiadora Dolores Dopico explícanos que a epigrafía é unha das principais fontes que teñen os historiadores/as para reconstruír o noso pasado. Na súa charla fálanos das diferentes tipoloxías de inscricións que existían na cultura grecolatina e, a título de exemplo, ensínanos como a través de dúas inscricións antigas (unha do castro O Facho de Donón, en Cangas; e outra custodiada actualmente no Museo Provincial de Lugo) podemos obter datos históricos da Gallaecia e mais da cidade de Lucus Augusti.
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Etiquetas