Un novo fármaco podería previr a depresión e o trastorno por estrés postraumático | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Un novo fármaco podería previr a depresión e o trastorno por estrés postraumático

Rebecca Brachman (autoría)
Descrición

Vídeo de TED (5´ 10´´) no que a neurocientífica Rebecca Brachman nos fala de enfermidades como a depresión e mais o trastorno por estrés postraumático (TEPT) e explícanos que os tratamentos actuais, cando funcionan, só suprimen os síntomas. Rebecca Branchaman defende que o mesmo que acontece con outro tipo de enfermidades, onde se procura a prevención a través das vacinas, cómpre tamén pensar desde a perspectiva da prevención cando falamos de enfermidades psiquiátricas. Nesta charla descubrirás en que consisten os primeiros fármacos para previr a depresión e o TEPT.
Tradución ao galego de Rubén Ventoso Martínez.


Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED