Carta de Seoane a Ledo. 1969 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Seoane a Ledo. 1969

Xohán Ledo (Destinatario/a) · Mimi Alonso da Cuña (Mencionado/a) · Castelao (Mencionado/a) · Ricard Salvat i Ferré (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Marcial Suárez (Mencionado/a) · Miguel de Unamuno (Mencionado/a) · Ramón María, del Valle-Inclán (Mencionado/a) · Luís Seoane (Remitente)
20/03/1969
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
LABORATORIO DE FORMAS/OSEDO/LA CORUÑA/TELÉFONO 23/SADA


El Castro, 20 de Marzo de 1969

Sr. D. Ricardo García Suárez
Vigo

Meu querido amigo:

Remítoche dous grabados meus pra o Instituto Beiras. Cicáis sexa pouco, nono sei, mais non conto con mais obra eiquí –óleos– que non teña xa dispostos pras eisposiciós fora de Galicia. De calquer xeito o Instituto pode contar conmigo pra algunha xestión que poda facer en Buenos Aires. O precio dos grabados son 5.000 pesetas cada un, menos do precio que os vendo en Buenos Aires e noutras partes, mais si che parece moito ponlle tí o precio. Si se venden os cartos son íntegramente pra o Instituto, e si non se venden, queden de propiedade díste.
Nos marcharemos deiquí o sete ou oito do mes que ven. Vinde. Rematei de facer pra un teatro universitario de Coímbra os telós, figurís e máscaras pra Os vellos non deben de namorarse. O teatro diríxeo o catalán Ricardo Salvat, e fixen pra Sargadelos, aparte algús diseños, as cabezas pra xarras de Castelao, Valle Inclán e Unamuno. Penso que lles conseguín parecido. Marcial Suárez quere que faga os dibuxos e tapa pra o libro que ten de publicar en Galaxia. As ilustraciós fágollas, mais a tapa dependo de que tí o permitas. Contéstame.
Unha aperta de Maruja e meus pra Mimí e pra tí. Saúdos de Isaac, quen tamén enviará unha obra tan pronto volte de Valencia, onde se inaugura unha mostra de cerámica:
Tipo de material
epístola
Data
20/03/1969
Medidas
Entidades
Mención: Editorial Galaxia
Mención: Instituto Beiras
Localizacións
orixe: O Castro [parr. Osedo, conc. Sada]
destino: Vigo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada e membrete:]
Localización física
Fundación Luis Seoane