Carta de Lois Tobío Fernández tras o seu regreso do exilio, 25 de abril de 1963 | Documento. Epístola | Consello da Cultura Galega
Documento. Epístola

Carta de Lois Tobío Fernández tras o seu regreso do exilio, 25 de abril de 1963

25/04/1963
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Os exiliados non podían regresar segundo os seus desexos e posibilidades coma calquera emigrante, senón que estaban supeditados á situación política e as leis do franquismo, que pouco a pouco e, sobre todo, a finais dos 50 e na década dos 60, foron permitindo a volta dos republicanos fuxidos. O forte desexo de volver non ocultaba o temor ás represalias, a non saber como ían ser recibidos ou se poderían adaptarse a un país que deixaron atrás había tantos anos.
Lois Tobío Fernández e a súa esposa, Mª del Carmen Soler, exiliados en Uruguai desde 1941 deciden retornar a comezos da década dos 60, co desexo de que os seus fillos, xa adolescentes, vivisen na terra dos seus pais e coñecesen a familia. Regresaban a un país moi diferente. Isto vese reflectido nas cartas que Tobío escribe relatando as súas experiencias aos amigos que deixou en Montevideo, moitos deles exiliados pero que non regresaron nunca. Achega novas e descricións da situación do país, dando unha visión obxectiva, clara e razoada do que sucede en España e que dista do que se publica nos medios de comunicación.
Tipo de material
Documento. Epístola
Data
25/04/1963
Localizacións
orixe: Madrid, España
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. Particular de Lois Tobío Fernández