<cite>Guía para emigrantes retornados: Galicia</cite> publicada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Dirección Xeral de Emigración, 2002 | Imaxe. Fragmento de publicación impresa | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fragmento de publicación impresa

Guía para emigrantes retornados: Galicia publicada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Dirección Xeral de Emigración, 2002

00/00/2002
En resposta ás principais interrogantes que aparecen cando se fan plans de retorno á terra, publicáronse estas guías de orientación práctica, funcionando como ferramentas informativas moi útiles, sobre todo ante a necesidade de realizar trámites que requiren una folla de ruta para conseguir aquela documentación imprescindible para un retorno efectivo. Deste xeito, distintas consellarías, así como a Delegación do Goberno en Galicia, participaron na elaboración de guías coma esta. Entre os contidos delas pódese atopar información sobre: obtención de documentos persoais como o DNI, certificado de nacemento, pasaporte, execución da baixa consular, homologación de títulos, permiso de traballo, acceso ao sistema de ensino en Galicia, axudas para a vivenda, asistencia sanitaria, formación ocupacional, obradoiros de emprego, pensións asistenciais por ancianidade, subsidios de desemprego etc. Na actualidade a función destas guías impresas en papel é complementada con toda a información que facilmente poden atopar os emigrantes na web Galicia Aberta, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, así como nas súas redes sociais.
Tipo de material
Imaxe. Fragmento de publicación impresa
Data
00/00/2002
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega