Un Día de Galicia no trópico habaneiro. Festa de Santiago Apóstolo, A Habana, 1941 | Imaxe. | Consello da Cultura Galega
Imaxe.

Un Día de Galicia no trópico habaneiro. Festa de Santiago Apóstolo, A Habana, 1941

00/00/1941
Programa festivo da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, con motivo da celebración da Festa de Santiago Apóstolo. Na organización desta tradicional conmemoración do Día de Galicia tamén adoitaban participar todos os compoñentes artísticos da Sección de Belas Artes do Centro Galego da Habana. A dita festa tiña lugar cada 25 de xullo no Gran Teatro Nacional, onde se celebraban funcións teatrais e musicais, como a actuación do coro típico galego da Agrupación Artística Gallega, que amenizaban a citada conmemoración, ao mesmo tempo que se recadaban fondos destinados para os socios máis necesitados.
Tipo de material
Imaxe.
Data
00/00/1941
Localizacións
: A Habana, Cuba
Localización física
Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega