Descrición
Vídeo didáctico (1' 57'') no que Álvaro Cañete Rosell, Carolina Grille Sieira e Clara Vales Fernández, de 3º da ESO do Colexio Obradoiro da Coruña, nos demostran como grazas ás matemáticas se poden salvar vidas. En concreto, descubrirás como funcionaba a máquina de rotores que os alemáns deseñaron para a cifraxe de mensaxes durante a Segunda Guerra Mundial, e como os ingleses conseguiron descubrir o seu funcionamento.
Esta foi unha das pezas gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2016.
Esta foi unha das pezas gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2016.


