Billete de pasaxe de emigrante para viaxar no transatlántico Santa Maria, 1957 | Documento | Consello da Cultura Galega
Documento

Billete de pasaxe de emigrante para viaxar no transatlántico Santa Maria, 1957

15/10/1957
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
No porto de Vigo embarcaban como pasaxeiros numerosos emigrantes galegos, que viaxaban na súa maioría en terceira clase, coma neste caso, mais tamén en segunda ou primeira, segundo as súas posibilidades económicas.
O barco contaba con todas as comodidades, que facían que a viaxe cara ao novo país de destino permanecese como unha experiencia moi positiva nas lembranzas dos emigrantes que nel viaxaban. Nada tiña que ver a travesía alén mar nesta altura coa que tiveran que padecer milleiros de galegos e galegas no seu traxecto cara a América no século XIX, e aínda na primeira década do século XX.
Tipo de material
Documento
Data
15/10/1957
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Maria Gómez Faro