Descrición
Vídeo de TED (12´ 45´´) no que a enxeñeira Kathryn A. Whitehead nos explica como ao longo da historia diferentes crises de saúde pública deron lugar a innovacións en sanidade e tecnoloxía. Á pandemia da Covid-19 debémoslle o logro das vacinas baseadas en ARNm. Esta charla axudarache a entender que son as nonopartículas lipídicas, como funcionan e cal é a súa importancia estratéxica no deseño deste tipo de vacinas. Tamén descubrirás como a tecnoloxía baseada en ARNm pode ser determinante no futuro para atopar a cura de enfermidades moi graves, como poden ser determinados tipos de cancro, ou para combater algúns dos patóxenos máis perigosos, coma a malaria, o ébola ou o VIH.
Tradución ao galego de Lucía Campillo Rey. Foi un dos traballos finalistas no concurso TEDSaúde 2021.
Tradución ao galego de Lucía Campillo Rey. Foi un dos traballos finalistas no concurso TEDSaúde 2021.


