A piña de Regiomontano | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A piña de Regiomontano

Nerea Iglesias Espiño (autoría) · Aroa Ríos Torres (autoría) · Sandra Vázquez Silva (autoría)
Descrición A que distancia se ten que situar unha persoa para que o ángulo de visión dunha estatua sexa máximo? Este foi basicamente o problema formulado polo matemático alemán Johann Müller Regiomontano, considerado o creador da trigonometría. Neste vídeo didáctico (2´ ) Aroa Ríos Torres, Sandra Vázquez Silva e Nerea Iglesias Espiño, alumnas do IES Antón Losada da Estrada, axúdanche a resolver este problema de maximización tomando como punto de referencia o monumento ao labrego da parroquia estradense de Lagartóns.
Esta peza conseguiu unha mención especial no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2017.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Etiquetas