Material
Proxector
Quecemento global: ameazas e oportunidades
Escolma para ver e escoitar Química por Marcelino Maneiro Maneiro
Química verde. Creación de combustibles usando CO₂
Descrición
Vídeo de divulgación científica (2´ 46´´) no que Laura Rodríguez Novoa nos explica como é posible obter combustible a base de dióxido de carbono, empregando ácido fórmico como forma de almacenaxe da enerxía. Trátase dun proceso que nos permite reciclar constantemente o dióxido de carbono, un dos principais responsables do efecto invernadoiro, promovendo deste xeito a filosofía da química verde, sostible e respectuosa co medio.Esta peza obtivo o terceiro premio do "I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible", organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC.


