Materiais celulósicos para a eliminación de contaminantes en augas | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Materiais celulósicos para a eliminación de contaminantes en augas

Descrición Vídeo de divulgación científica (2´ 33´´) no que Ángela Arnosa Prieto nos presenta o traballo que está a desenvolver o grupo NANOMAG da Universidade de Santiago de Compostela para obter materiais celulósicos a partir dos residuos da industria madeireira. Os materiais celulósicos son unha nova achega da química sostible para reducir a contaminación por substancias nocivas nas augas.

Esta peza obtivo o primeiro premio do "I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible", organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Etiquetas