Material
Proxector
Divulgación agropecuaria: na busca dunha despensa saudable
Vacas leiteiras e benestar animal: É a produción ecolóxica unha alternativa?
Detalle
Descrición
Neste vídeo (11´ 55´´) María Rodríguez Domínguez presenta as súas investigacións sobre o benestar animal do gando vacún leiteiro. Os métodos empregados na produción láctea intensiva tenden a incrementar o tamaño dos rabaños e a diluír ou reprimir os comportamentos individualizados que poida presentar cada animal en particular. Pero tamén foron seleccionando xeneticamente unha raza (a frisoa americana) moi ben adaptada a un alto rendemento produtivo e ás limitacións que impón o manexo intensivo. Podería ser que esa selección fixese estas razas pouco adaptadas para as condicións da gandería ecolóxica (en teoría moito mellores en termos de benestar animal?). O benestar deste tipo de animais (medido segundo os seus niveis de determinados marcadores hormonais de estrés) pode ser semellante en ambos os tipos de produción?A estas preguntas responde María nesta charla do DivulgaTerra 2021.


