Un mundo rodeado de matemáticas. Trigonometría / Vídeo. Remoto. Youtube/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxector

Material

Proxector
Escolma para ver e escoitar Matemáticas por Mª Elena Vázquez Cendón
Trigonometría: medindo o mundo con triángulos

Un mundo rodeado de matemáticas. Trigonometría

Descrición
Vídeo didáctico (2´ 07´´) no que descubrirás algúns dos usos das matemáticas na nosa vida cotiá. En concreto, aprenderás como podes calcular a altura dunha das árbores do teu xardín (neste caso un ciprés) usando como axuda un teodolito (instrumento de precisión usado para medir ángulos horizontais e verticais) e mais os teus coñecementos de trigonometría.
Este traballo, autoría de Francisco Estévez e Paula Mourille (estudantes de 4º da ESO no IES Celenova Celso Emilio Ferreiro) foi un dos premiados na edición de 2019 do concurso "Explícoche matemáticas 2.0".
Metadatos